Entrega de dorsais
14, 15 e 16 de outubro.
Horarios de mañá, mediodía e tarde.
A CARREIRA ENKI é unha carreira non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través de divertidas probas, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. Soa ben, verdade?
Ven coa túa familia, as túas amizades, o teu cole, a túa empresa, a túa entidade, o teu equipo ou con quen ti queiras… e á hora de facer a inscrición, selecciona o horario de saída que prefiras:
Funciona coma un concerto: as prazas vanse cubrindo ata esgotar a dispoñibilidade. Anótate canto antes!
Tamén temos dispoñibles inscricións presenciais en El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal, 57, 15006 A Coruña).
A Carreira ENKI é unha carreira inclusiva e non competitiva na Coruña
Unha comunidade de máis de 200 persoas voluntarias fai posible a carreira máis multitudinaria de Galicia. Inscríbete se queres ser unha delas; garantímosche unha experiencia única.
14, 15 e 16 de outubro.
Horarios de mañá, mediodía e tarde.
17 de outubro.
Horario de mañá.
17 de outubro.
De 12:30h a 19:30h.
A carreira conta con medidas de accesibilidade no percorrido, nos espazos e nos servizos, con apoios e recursos adaptados a diferentes necesidades. Ademais, podes comunicarnos previamente as túas necesidades para que poidamos valorar os apoios que precises.
Consultar todas as medidasAdisbismur
ADC Bolboretas A Coruña
Asociación Integro
Asociación Nuestra Señora de Chamorro
Cada dorsal axuda a que o deporte e a inclusión cheguen máis lonxe. Os beneficios da Carreira ENKI destínanse a impulsar proxectos que xeran oportunidades reais para persoas con discapacidade. Axúdanos a facelo máis grande neste 2026.
Durante a carreira atoparás diferentes servizos e espazos pensados para que goces da experiencia antes, durante e despois do percorrido.
A Fundación ENKI e Federación Autismo Galicia unímonos para crear materiais explicativos con linguaxe clara e apoios visuais, coa finalidade de que a información sexa fácil de comprender e sirva como anticipación do que sucederá durante o evento.
Descúbreos!
Descarga os materiais explicativosEn ENKI queremos que o impacto positivo da carreira tamén se reflicta no coidado da contorna. Por iso, traballamos para reducir a nosa pegada ambiental, minimizar o uso de plásticos e promover unha mobilidade máis sostible, ademais de medir e avaliar o impacto ambiental da carreira.
Calculamos a pegada de carbono da Carreira ENKI tendo en conta, entre outros aspectos, os desprazamentos, o consumo enerxético, os materiais utilizados e os residuos xerados. Así podemos coñecer o noso impacto e traballar para reducilo.
Este ano eliminamos as botellas de plástico destinadas á subministración xeral de auga e instalamos fontes de auga potable para participantes, voluntariado e organización.
A mobilidade é unha parte importante da pegada ambiental da carreira. Animámoste a vir en transporte público, bicicleta ou andando, ou a compartir coche sempre que sexa posible.
Axúdanos a calcular a nosa pegada de carbono cubrindo esta breve enquisa.
Moito por correr