Saltar ao contido
Participantes do Campamento ENKI

Campamento Enki

3 anos pola inclusión real e a conciliación en igualdade de oportunidades

1481

participantes e as súas familias

215

menores con discapacidade

17

persoas voluntarias

38

profesionais

Un traballo compartido desde 2023 para...

Dar oportunidades para participar en campamentos aos nenos e nenas con discapacidade e ás súas familias

Crear espazos de participación inclusiva e sensibilización

Primeiro campamento na Coruña sen requisitos excluíntes para persoas con discapacidade: individualización, inclusión real e apoios axeitados

Satisfacción 2025

100%

das persoas enquisadas considera que iniciativas como o Campamento ENKI son necesarias para lograr unha inclusión real

92%

afirma que o seu fillo/a gozou durante o campamento

92%

volvería inscribir o seu fillo/a en futuras edicións

O que din as familias

“Os dous irmáns, un con e outro sen discapacidade, puideron ir xuntos. Recoméndoo como campamento para todo o mundo: un campamento PARA TODOS”
“Axuda a conciliar a familias como a nosa, diferentes, diversas, alegres, que non temos ningún tipo de problema e que parece que non cabemos en todos os sitios”
“O meu fillo ten diversidade e quero que coñeza outras diversidades. Ao tratarse de ENKI, dáme tranquilidade absoluta de que vai estar incluído”

Queres que te avisemos para a nosa próxima edición?

Déixanos o teu mail e avisarémoste en canto abramos o prazo de reservas.

Contactar por WhatsApp