O deporte tamén é para ti
Quero iniciarme
Pode parecer difícil practicar deporte se nunca che explicaron como facelo; nós asesorarémoste para axudarche a comezar ao teu xeito.
ContactaNecesito material deportivo
Temos handbikes de estrada e de montaña, joëlettes e outras moitas opcións de material deportivo para prestarche.
Solicitar préstamoQuero adestrar.
3. QUERO ADESTRAR Todas as semanas saímos facer deporte. En equipo sempre é máis doado e divertido. Anímate a vir!
Quero competir
Se xa levas tempo practicando deporte adaptado e tes ganas de demostrarlle ao mundo do que es capaz, axudámoste a dar o salto á competición.
O lecer tamén é para ti
Campamentos
Queremos que os teus pequenos gocen dun verán xenial. Aquí atoparás toda a información que necesitas para animarte a apuntalos.
Saber máisTurismo activo
Tes opcións incribles para gozar ao aire libre. Non perdas a oportunidade de coñecelas.
Saber máisXoguetes e parques inclusivos
Sabemos que xogar é moi importante. Axudámosche a coñecer onde e como podes facelo de maneira inclusiva. Prepárate para gozar!
Saber máis
O movemento é para todas as persoas.
Desde ENKI cremos que a inclusión é unha responsabilidade de todos e todas. Se non tes ningún tipo de diversidade, podes axudarnos moitísimo a romper barreiras participando na Carreira Enki, facendo deporte como voluntario deportivo, con xornadas de sensibilización no teu cole ou facendo a túa empresa máis inclusiva. Temos moitas opcións para ti e estamos abertos a coñecer moitas máis. Súmate a construír un mundo máis inclusivo. Agardámoste!