Canle de denuncias
Contamos cunha canle de denuncias a disposición de todos os grupos de interese para identificar condutas irregulares na nosa organización.
Este formulario enviarase ao equipo técnico de ENKI, que tratará os seus comentarios coa máxima atención e os seus datos con total confidencialidade. Pode optar por enviar a denuncia de forma anónima, pero recomendámoslle que proporcione o seu nome e datos de contacto nos campos seguintes.
Política da canle de denuncias
a) Introducción
O obxectivo desta política é establecer o sistema para a xestión de denuncias que permita identificar condutas irregulares na Fundación Enki. Ademais, permitirá identificar áreas de mellora na súa xestión interna.
Para iso, habilitaranse canles para o envío das denuncias que poderán utilizar todos os grupos de interese: empregados e voluntarios, doantes, beneficiarios, provedores, etc.
Considérase que unha denuncia implica manifestar o estado ilegal, irregular ou inconveniente de calquera acción levada a cabo por Fundación Enki.
b) Principios
Accesibilidade
A canle de comunicación será clara e de fácil acceso, a través dun correo electrónico establecido con esta finalidade e que será público a través da páxina web https://www.enkiproyecto.com/canal-de-denuncias/
Transparencia
Esta política será pública, así como o correo electrónico establecido como medio de comunicación. Informarase aos empregados e grupos de interese da existencia desta canle de denuncias.
Boa fe
As denuncias poderanse realizar de xeito anónimo. Non obstante, para poder realizar un seguimento adecuado, solicitarase información para contactar co denunciante, sendo decisión do denunciante proporcionala ou realizar a denuncia de forma anónima.
No caso de que a denuncia non sexa anónima, Fundación Enki comprométese a non tomar ningunha medida disciplinaria nin acción legal contra o emisor dunha denuncia de boa fe.
Fundación Enki resérvase o dereito de emprender accións legais ou disciplinarias contra calquera empregado ou membro do órgano de goberno da Fundación que tome unha represalia contra o emisor dunha denuncia de boa fe.
Confidencialidade
A identidade da persoa que realice a comunicación terá a consideración de información confidencial e non poderá ser comunicada sen o seu consentimento.
No obstante, os datos das persoas que efectúen a comunicación poderán ser facilitados tanto ás autoridades administrativas como ás xudiciais sempre que foran requiridos como consecuencia de calquera procedemento derivado do obxecto da denuncia. Dita cesión dos datos ás autoridades administrativas ou xudiciais realizarase sempre dando pleno cumprimento á lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.
Obxectividade e imparcialidade
Unha vez recibida unha denuncia, garantirase o dereito á intimidade, á defensa e á presunción de inocencia das persoas obxecto da mesma.
O órgano de goberno nomeará a unha ou varias persoas encargadas da xestión das denuncias. Estas poderán delegalas a outros membros do órgano de goberno no caso de que algunha das denuncias recibidas poida supoñer un conflito de interese. O ou as persoas designadas ostentarán un cargo distinto ao de Presidente ou Tesoureiro da Fundación. A persoa encargada da Canle de denuncias é Sara González Iglesias e no caso de estar en conflito de intereses Susana Goyanes Martinez.
Eficiencia
A tramitación de todas as solicitudes realizarase á maior brevidade posible. Non obstante, Fundación Enki resérvase o dereito a non emitir unha resposta nos seguintes casos:
- Solicitudes de datos de carácter confidencial: no caso de datos regulados por leis ou que afecten a acordos privados que esixen a protección das persoas e das institucións involucradas.
- Solicitudes maliciosas que vulneren claramente o criterio de boa fe por ser irrespetuosas polo seu contido ou a súa forma. Cando haxa razóns ou indicios de que a comunicación se presentou de mala fe, desestimarase o seu seguimento e informarase ao emisor dos motivos da desestimación. Fundación Enki resérvase entón o dereito a tomar medidas disciplinarias ou doutra índole.
c) Procedemento
Acceso
Fundación Enki habilitará un correo electrónico, visible na páxina web, para a recepción de denuncias. A este correo electrónico terán acceso exclusivamente a ou as persoas designadas polo órgano de goberno para a xestión das denuncias, que se comprometen a tratar de xeito confidencial a información recibida.
Xestión da información
Realizarase un rexistro coas denuncias recibidas no que figure o código asignado á denuncia, a data de recepción, a información contida e a data de resposta así como calquera seguimento posterior.
Análise e resolución
a) A ou as persoas designadas polo órgano de goberno para a xestión das denuncias reciben os correos electrónicos e envían aquelas solicitudes de información ou outras cuestións que non sexan denuncias ao departamento de administración de Fundación Enki.
b) No caso das denuncias:
- A ou as persoas designadas polo órgano de goberno encargaranse de levar a cabo a investigación sobre a denuncia recibida, para lo que poderán entrevistar a cantas persoas consideren de relevancia para tomar unha decisión obxectiva.
- O trámite de investigación incluirá sempre unha entrevista privada coa persoa supostamente responsable da conduta denunciada.
- Unha vez levada a cabo a investigación, realizarase un breve informe sobre as conclusións. Este informe porase en coñecemento do órgano de goberno (Patronato da Fundación Enki) e da persoa que realizou a denuncia no caso de que esta non fose anónima.
- Unha vez realizado este informe, poderanse impoñer as medidas disciplinarias ou sancións adecuadas. Nos casos que sexan constitutivos de delito, ponse en coñecemento das autoridades.
- A tramitación de todas as solicitudes realizarase á maior brevidade posible, establecendo un prazo máximo de 30 días para dar resposta ás mesmas. Se por algunha razón non se puidese enviar resposta nese prazo, informarase ao interesado de que a súa solicitude está en curso e ofreceráselle un novo prazo.