En que consiste ser voluntario?
Ser voluntario significa formar parte dunha comunidade de persoas que queren axudar a outras persoas. Que están comprometidas con mellorar a sociedade na que vivimos. E este compromiso é mutuo. En ENKI comprometémonos tamén co noso voluntariado para que a súa experiencia sexa positiva e enriquecedora. Por iso formámolo, coidámolo e integrámolo na nosa comunidade desde o primeiro momento. Porque temos moi claro que sen el non poderiamos levar a cabo o noso labor.
Voluntariado deportivo
-
Puntual
Se nos podes botar unha man nunha actividade ou evento concreto serás de gran axuda.
-
Continuo
Se queres involucrarte máis e formar parte do noso equipo de voluntarios, hai montóns de cousas que poderemos facer xuntos durante o ano.
Tipos de voluntariado
-
Deportivo
Moitas persoas con diversidade necesitan compañeiros que as acompañen para poder facer deporte. Se che gusta o deporte e axudar ás persoas, este voluntariado pode ser para ti.
-
Carreiras
Se o que te motiva é axudar na Carreira ENKI, benvido tamén. Un evento tan grande necesita moitas persoas comprometidas.
-
Actividades
Hai moito que facer para sacar adiante proxectos. Podes axudarnos na súa xestión, organización e divulgación para convertelos en realidade.
“Ser voluntario de ENKI permitiume coñecer moita xente e vivir cousas que xamais vivira. Sendo voluntario en ENKI, é imposible aburrirse.”
Ignacio Fresco Muiños
Voluntario en ENKI
Faite voluntario
A continuación atoparás un formulario no que te convidamos a que compartas os teus datos e preferencias. Porémonos en contacto contigo o antes posible!