Saltar ao contido
Actividade inclusiva nun colexio con alumnado e material adaptado.

Inclusión no colexio

A educación é clave para construír unha sociedade máis inclusiva. Cando somos pequenos construímos os nosos valores e forma de ver o mundo. Por iso, axudamos a colexios nesta importante labor.

Préstamo de material

Queremos que todo o mundo poida practicar deporte, por iso dispomos de material deportivo adaptado para a súa cesión ou préstamo.

Corre pola inclusión

Crea a túa propia “Carreira da Inclusión” no teu cole. Nesta actividade o voso cole levará a cabo unha carreira solidaria chea de divertidos obstáculos que servirá para falar da importancia da inclusión, e de como podemos sumarnos a ela; é dicir, facer a vosa propia Carreira ENKI no voso cole.

Celebra o día das persoas con discapacidade

Un día fundamental na educación da infancia se queremos construír unha sociedade máis inclusiva. E non só queremos animarvos a celebralo, tamén axudarvos para que sexa un día fácil, bonito e cheo de significado.

Quero saber máis
Grupo escolar participando na Carreira Enki.

Carreira Enki

O teu cole pode participar na carreira máis grande, inclusiva e divertida de Galicia. Teredes asesoramento, compra preferente de dorsais e unha gran experiencia por vivir.

Quero asistir
Grupo escolar participando nunha xornada de sensibilización de Enki.

Xornadas de sensibilización

Levamos a cabo xornadas de sensibilización en colexios para achegar aos máis pequenos á diversidade dunha forma lúdica e divertida. Aquí podes seleccionar unha data que che vaia ben e poñerémonos en marcha.

Mural do alfabeto de lingua de signos pintado nun colexio.

Murais LSE

Podemos pintar xuntos no teu cole un mural co alfabeto da lingua de signos. Unha experiencia que axudará a aprender a importancia de poder comunicarnos e entendernos mellor entre todos. Se o prefires, tamén podes descargar a nosa plantilla e facelo vós mesmos. O importante é facelo!

Toda a info para o teu cole

Aquí podes descargar o noso dossier de colexios con toda a información das actividades que podemos desenvolver xuntos este curso.

Descargar dossier
Contactar por WhatsApp