1. Titularidade
En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, infórmase de que esta web é titularidade da FUNDACIÓN ABRENTE (en diante, “ENKI”), cuxos datos son os seguintes:
Denominación: FUNDACIÓN ABRENTE
NIF: G70397849
Rexistro: Inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Nº 2015/4
Domicilio: Pol. Pocomaco parc: D-14 1º, C.P. 15190 A Coruña (A Coruña)
Email: info@fundacionabrente.org
2. Obxecto e aceptación
Estas condicións, xunto coa Política de Privacidade e a Política de Cookies, teñen por obxecto regular a navegación e as condicións de uso da web de ENKI www.enkiproyecto.com (en diante, a “páxina web”).
O uso ou navegación desta web identifícate como usuario e, con iso, aceptas os termos e condicións que contén este Aviso legal e Condicións de uso xunto coa Política de Privacidade e a Política de Cookies.
3. Menores de idade
En caso de navegación por menores de idade ou incapaces, a responsabilidade polo uso da páxina web correrá a cargo dos seus pais, representantes ou titores legais, debendo estes acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación.
4. Descrición da páxina web
Esta web ten por fin dar a coñecer as actividades e servizos que desenvolve ENKI, así como permitir o contacto coa mesma, a subscrición á newsletter, a compra de determinados artigos a través da “Tenda”, a inscrición ás carreiras solidarias de ENKI e a canalización de doazóns que o visitante á web pode realizar a ENKI.
No menú superior da web poderás atopar os seguintes apartados, cuxas condicións de uso se regulan máis adiante neste mesmo documento:
- Quenes somos
- Carreira Enki
- Os nosos proxectos
- Colabora
- Tenda
- Novas
- Contacto
Ademais, na esquina superior dereita podes atopar distintas iconas coas seguintes funcionalidades:
- Selección de idioma
- Ligazóns aos nosos perfís en redes sociais
- Acceso ou rexistro á zona de usuarios
- Carriño da compra
A través dos distintos formularios de contacto que podes atopar nas diferentes seccións, podes facernos chegar consultas ou suxestións, así como tramitar solicitudes: os datos remitidos serán tratados conforme á nosa Política de Privacidade.
Ademais, en calquera das seccións poderás atopar no pé ou footer os textos legais da páxina web, e ligazóns aos perfís de ENKI en redes sociais.
5. Propiedade intelectual
Todos os contidos da páxina web, incluídos -con carácter meramente enunciativo e non limitativo- textos, fotografías e deseño gráfico (en diante, os “Contidos”) son propiedade exclusiva de ENKI ou de terceiros.
A navegación pola web non supón en modo ningún a cesión ao usuario de ningún dereito de explotación da propiedade intelectual ou industrial sobre ditos contidos. Queda expresamente prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos, a súa comunicación pública, distribución ou calquera forma de explotación, salvo consentimento expreso e por escrito de ENKI.
As marcas, nomes ou signos distintivos que aparecen na páxina web son titularidade de ENKI ou de terceiros, e están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade industrial. O acceso á páxina web non atribúe ningún dereito ao usuario sobre estas marcas, nomes comerciais ou signos distintivos.
6. Responsabilidade
ENKI non é responsable de posibles erros ou omisións no contido da páxina web, da falta de dispoñibilidade da mesma ou da transmisión de programas maliciosos a través dela.
ENKI non será responsable de ningunha consecuencia derivada do acceso do usuario á páxina web, incluídos posibles danos producidos nos equipos informáticos do Usuario ou de terceiros.
7. Redireccións ou ligazóns externas
A páxina web contén ligazóns a sitios externos para mostrarche información ou permitir algunhas funcionalidades como as doazóns. ENKI non ten ningún tipo de control sobre esas páxinas web, os contidos que amosan ou a súa operatividade e, en consecuencia, non será responsable do que o usuario faga nelas, nin garante a súa dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude ou veracidade.
8. Privacidade e Cookies
ENKI cumpre coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Para máis información, consulta a Política de Privacidade e a Política de Cookies.
9. Condicións de uso da Tenda e dereito de desistencia
No menú superior da web, a través do apartado Tenda dáse acceso á tenda en liña onde se poden comprar determinados artigos como, por exemplo, camisetas, gorras, bolsas ou caramelos.
Tamén podes realizar doazóns a través desta páxina premendo en “Doazóns”: para máis información sobre as doazóns, consulta o apartado dedicado ás mesmas nestas Condicións de uso.
Podes seleccionar os ítems que queiras comprar, as súas características ou talla e incluílos no carriño premendo o botón “Engadir ao carriño”. Unha vez seleccionados os que che interesan, premendo o botón de “Finalizar compra” accederás a un formulario onde introducir os teus datos de facturación e envío. Para máis información sobre o tratamento destes datos, consulta a nosa política de privacidade.
Unha vez cubertos os teus datos e escollida a forma de envío, deberás aceptar a Política de Privacidade, e poderás continuar premendo en “Realizar o pedido”: accederás a unha páxina onde aparecerán os datos principais do teu pedido, e poderás escoller entre dúas opcións: Cancelar pedido ou Pagar con tarxeta. Se premes nesta última, serás redirixido ao noso provedor de pasarela de pago, onde deberás introducir os datos da túa tarxeta bancaria para completar o pago.
Prezos
Os prezos indicados na páxina web están indicados en euros (€) e levan incluído o IVE.
Os produtos ofertados na páxina web de ENKI e os seus prezos estarán dispoñibles para a súa compra mentres se atopen no catálogo de produtos visualizados por medio da tenda en liña.
ENKI resérvase o dereito a facer cambios, podendo actualizar os nosos produtos en función do mercado.
Os prezos que aparecen na web están suxeitos a cambios. ENKI resérvase o dereito de cambiar os prezos sen aviso previo. Porén, unha vez feita a compra en liña, os prezos a pagar por dito pedido non se verán afectados.
Informámoste de que, a pesar das actualizacións que realicemos aos prezos dos produtos que ofertamos nesta web, estes poderían conter erros. Corrixiremos con prontitude todos os erros que aparezan, pero non serán vinculantes.
Gastos e condicións de envío
Os artigos da web poderán recollerse no punto de recollida indicado na mesma sen custos de envío adicionais. En caso de escoller o envío (só dispoñible para territorio español na Península), engadirase un cargo adicional de 5€ en concepto de gastos de envío.
Os envíos de artigos da tenda só están dispoñibles para territorio español peninsular. Os envíos tramitaranse de modo que se entreguen ao comprador nun prazo de entre 3 e 5 días laborables. ENKI non é responsable de incidencias relacionadas cos envíos tales como extravíos ou perdas, que serán responsabilidade da empresa de transportes, allea a ENKI.
Dereito de desistencia
Poderás devolver os artigos comprados na páxina web de ENKI nos seguintes 14 días desde que os recibas. Para exercer o dereito de desistencia, debes seguir estes pasos:
- Enviarnos un correo electrónico a info@enkiproyecto.com indicando claramente que queres devolver a compra, achegando na túa comunicación o formulario de desistencia.
- Enviar os artigos, na súa embalaxe orixinal, máis o albarán de entrega e a factura ao seguinte enderezo: Pol. Pocomaco parc: D-14 1º, C.P. 15190 A Coruña (A Coruña).
Se segues estes pasos, devolverémosche todos os pagos recibidos nun máximo de 14 días naturais desde a data en que nos informes da túa decisión, pola mesma vía pola que nos fixeches o pago (salvo que nos indiques o contrario).
Non aceptaremos devolucións de artigos ou prendas que fosen abertos, lavados e/ou utilizados de ningún xeito, que non conserven a súa embalaxe orixinal, ou que fosen manipulados máis alá dunha mera comprobación.
En caso de devolución por erro ou porque simplemente non che gusta, deberás facerche cargo dos custos de transporte ao enderezo que indicamos arriba. ENKI en ningún caso será responsable de que o produto que devolves se perda no transporte ou se dane durante o mesmo.
Se por erro che enviamos un produto distinto ao solicitado, ou os artigos que che enviamos teñen algún dano, segue os pasos anteriores e enviarémosche o produto correcto sen ningún custo adicional. Nestes casos, ENKI asumirá os gastos do envío ao enderezo que indicamos arriba.
Se te equivocaches de talla, terás que devolver o pedido polo procedemento que indicamos e ordenar un novo.
Non se aceptará o dereito de desistencia se se dá calquera das excepcións ao dereito de desistencia establecidas na normativa aplicable.
Unicamente responderás da diminución de valor dos bens que se derive dunha manipulación dos mesmos distinta á necesaria para establecer a súa natureza e as súas características.
10. Condicións de uso da inscrición en “Os nosos proxectos”
No apartado “Os nosos proxectos” poderás atopar distintas actividades que ENKI organiza, e nas que poderás preinscribirte cando esa posibilidade estea aberta.
As preinscricións realizadas na web non son inscricións, nin garantía das mesmas: unha vez realizada a preinscrición na actividade concreta, en caso de preselección contactarán contigo desde ENKI para indicarche os seguintes pasos.
Campamento deportivo inclusivo
A través desta opción poderás solicitar unha praza para o campamento inclusivo: un campamento de verán dirixido a nenas e nenos con diversidade funcional. Para realizar a preinscrición deberás seguir os pasos indicados no formulario, onde ademais se indican as condicións do campamento tales como idades, datas e horarios.
Unha vez recibida a túa solicitude de preinscrición, ENKI porase en contacto en caso de selección para confirmar os datos e formalizar a inscrición.
11. Condicións de uso da inscrición en carreiras
A través do apartado “Carreira Enki” da páxina principal poderás acceder á páxina de inscricións para as nosas carreiras.
Só poderás inscribirte durante o prazo previsto para inscricións: a data e hora límite móstranse ao lado de “Inscrición”.
Para a carreira poderás comprar 4 tipos de dorsais:
- Dorsal xeral: previsto para persoas sen diversidade funcional maiores de 10 anos.
- Dorsal funcional: previsto para persoas con diversidade funcional de calquera idade.
- Dorsal infantil: para menores de 10 anos calquera que sexa a súa condición funcional.
- Dorsal solidario: permite facer unha doazón a ENKI, pero non dá dereito a participar na carreira.
Os prezos dos dorsais indicados na web inclúen o IVE. Estes prezos están suxeitos a cambios por parte de ENKI. Ditos cambios non se aplicarán unha vez iniciado o proceso de compra.
Os dorsais xeral, funcional e infantil dan dereito a participar na carreira, nas condicións previstas e previa aceptación do regulamento da mesma, que debes ler e aceptar antes da compra.
Podes comprar dorsais para outras persoas: nese caso declaras que estás autorizado para facilitar os seus datos persoais co fin de inscribila na carreira, así como que esta persoa coñece e aceptou a nosa Política de Privacidade e o regulamento da carreira.
No caso das inscricións de menores de idade ou incapaces, a persoa que realiza a inscrición declara que é titor legal ou representante da persoa inscrita e que conta coa lexitimación suficiente para realizar dita inscrición.
Ás veces realizamos sorteos entre os participantes inscritos nas carreiras co obxectivo de incentivar a participación nelas: se te inscribes nunha das nosas carreiras, aceptas entrar en ditos sorteos no caso de que se celebren. As bases dos sorteos poderán consultarse na nosa páxina web.
12. Condicións para subir o teu contido
No mesmo apartado de inscricións, poderás subir fotos e vídeos das carreiras organizadas por ENKI.
Para iso deberás cubrir un formulario co teu nome, apelidos e número de dorsal e aceptar a Política de Privacidade.
O usuario obrígase a cumprir con estas condicións de uso e, en concreto, con este apartado na subida de arquivos que se describe no mesmo.
ENKI só acepta subidas de fotos e vídeos tomadas ou gravadas durante a celebración da carreira ou no transcurso da mesma. ENKI non será responsable do contido dos arquivos subidos polo usuario.
O usuario é responsable exclusivo da veracidade, idoneidade, legalidade e inocuidade dos arquivos que suba neste apartado da web e responderá en todo caso por calquera dano ou menoscabo causado mediante a subida de arquivos que non se axusten a estas condicións ou causen calquera tipo de prexuízo a ENKI ou a terceiros.
13. Condicións de uso de “Colabora”
A través do apartado da home “Colabora” podes acceder a tres páxinas con distintas modalidades de colaboración: Voluntariado, Doazóns e Patrocinio.
Voluntariado:
Aquí poderás atopar un formulario para candidatarte como voluntario, e poderás escoller algunha das seguintes modalidades: voluntariado nos distintos proxectos de ENKI, voluntariado só para a Carreira ENKI, voluntariado deportivo e/ou apoio a deportistas con diversidade funcional.
Para solicitar a túa admisión como voluntario deberás cubrir os datos do formulario, e aceptar estas Condicións de uso, así como a Política de Privacidade.
Se o candidato a voluntario é menor de 16 anos, a súa inscrición debe estar supervisada polos seus titores legais, que deberán enviar a ENKI (ao correo electrónico ou ao enderezo postal que constan ao inicio destas Condicións) unha autorización asinada onde se comprometan a acompañar o voluntario en todo momento durante o seu voluntariado.
ENKI resérvase a facultade de admitir ou inadmitir as candidaturas dos voluntarios á súa enteira discreción.
No caso de que a túa candidatura de voluntario sexa aceptada, farémosche chegar un Compromiso de Voluntariado para formalizalo.
Para saber máis sobre o tratamento destes datos, consulta a nosa Política de Privacidade.
Doazóns:
A través desta páxina poderás facer unha doazón a ENKI das cantidades predeterminadas ou daquela que ti elixas introducíndoa no cadro “Outra cantidade”.
Unha vez seleccionada a cantidade deberás premer o botón “Engadir doazón”: serás redirixido a unha páxina onde aparecerán ademais os ítems da tenda en liña que teñas no carriño. Alí deberás cubrir os datos do formulario: para máis información sobre o tratamento destes datos, consulta a nosa Política de Privacidade.
A través do botón “Finalizar compra” serás redirixido a unha pasarela de pago allea a ENKI onde poderás realizar o pago mediante tarxeta de crédito.
As doazóns realizadas mediante esta páxina están suxeitas aos beneficios fiscais legalmente vixentes. Na páxina de doazóns podes consultar información sobre os beneficios fiscais existentes: esta información é meramente orientativa e non vinculante, e pode non axustarse á normativa fiscal vixente. ENKI non será en ningún caso responsable de diverxencias entre a información facilitada sobre beneficios fiscais e a normativa vixente en cada momento.
Patrocinio:
A través do formulario de contacto desta páxina poderás poñerte en contacto con ENKI para colaboracións ou patrocinios.
O uso deste formulario está reservado a empresas ou entidades que queiran colaborar con ENKI.
Unha vez remitas o formulario, desde ENKI poremonos en contacto para explorar as diferentes posibilidades de colaboración.
14. Seguridade – SSL
15. Condicións da subscrición á newsletter
Na web atoparás a posibilidade de subscribirte á nosa newsletter. Para iso solicitaremos o teu enderezo de email.
A través da newsletter informamos con periodicidade trimestral de eventos ou proxectos de ENKI. Para darte de baixa da subscrición só terás que facer clic na ligazón incluída na propia newsletter.
Para máis información, consulta a nosa Política de Privacidade.
16. Condicións de uso da zona de usuarios rexistrados
No menú superior dereito da web verás unha icona con forma de busto, onde podes rexistrarte na zona de usuarios. Para iso necesitarás introducir o teu nome e apelidos, nome de usuario, email e contrasinal.
Unha vez rexistrado como usuario, terás acceso aos seguintes apartados:
- Detalles da conta: aquí podes consultar os teus datos e modificar o teu contrasinal.
- Enderezos: os enderezos asociados á túa conta, incluído o de envío para compras na tenda ou dorsais de carreiras. Poderás editalos no botón Editar.
- Pedidos: aquí poderás consultar o histórico de pedidos tramitados na Tenda ou a compra de dorsais realizadas a través da páxina web, ver o número de pedido e o seu estado de tramitación e ver os detalles do pedido, realizar o pago ou cancelalo.
- Saír da conta: premendo aquí sairás da zona de usuarios rexistrados.
Cando te rexistras como usuario rexistrado e accedes á web como tal, os teus datos serán cargados automaticamente nalgúns dos formularios, como por exemplo o de compra na tenda en liña, doazóns e inscricións a carreiras.
Para máis información sobre o tratamento dos teus datos, consulta a nosa Política de Privacidade.
17. Modificacións e nulidade
ENKI resérvase o dereito de modificar ou actualizar estas Condicións de uso.
Se algunha das cláusulas destas Condicións de uso fose declarada total ou parcialmente nula, terase por non posta, subsistindo as demais.
18. Lexislación
As presentes condicións réxense pola lexislación española.