Quenes somos
A Fundación Enki (antes Fundación Abrente) é unha organización sen ánimo de lucro que nace o 30 de decembro de 2013 coa aspiración de contribuír á construción dunha sociedade mellor. A raíz do éxito e recoñecemento da Carreira Enki, que naceu en 2014, decidimos cambiar o nome da nosa Fundación para que a nosa comunicación e recoñecemento fosen máis sinxelos para todas as persoas.
Cremos no deporte e nos seus beneficios a nivel físico e emocional, pero tamén nos valores asociados á súa práctica: compañeirismo, esforzo e espírito de superación. Por iso, a través do deporte, queremos traballar pola inclusión e a eliminación das barreiras sociais que, a día de hoxe, aínda existen. Queremos sumar conciencia social, solidariedade e, sobre todo, humanidade.
Fundación ENKI (CIF G70397849) está inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia co número 2015/04. É unha entidade sen ánimo de lucro acollida con data 02/02/2015, de acordo coa Lei 49/2002, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e de mecenado.