Movemento
Somos o movemento que pon á sociedade en movemento para demostrar que a inclusión fai máis feliz á sociedade. Aquí poderás ver os proxectos que levamos a cabo para converter a nosa misión nunha realidade.
Carrera Enki
A CARREIRA ENKI é unha carreira non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través de divertidas probas, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade. Para quen aínda non a coñeza, unha auténtica tolemia.
Saber máis
Deporte
Iniciación ao deporte
Empezar a practicar deporte adaptado pode parecer complicado. Nós asesoramos persoas con diversidade e as súas familias para que lles resulte máis doado.
Saber máisPRÉSTAMO DE MATERIAL DEPORTIVO
Queremos que todo o mundo poida practicar deporte, por iso dispomos de material deportivo adaptado para a súa cesión ou préstamo.
Saber máisVOLUNTARIADO DEPORTIVO
Para que persoas con diversidade poidan practicar deporte fan falta compañeiros que lles boten unha man, por iso organizamos e poñemos en contacto persoas para que o poidan facer xuntas.
Saber máisEntrenamientos
Adestrar xuntos, ademais de motivar máis, axuda a socializar e a incorporar unha rutina saudable. Nós saímos todas as semanas para crear comunidade e gozar xuntos do deporte.
Saber máisCompetición
Existen diferentes tipos de competicións adaptadas. Nós axudámoste a poder participar nelas. Tamén loitamos para que cada vez haxa máis competicións inclusivas. Son unha gran oportunidade para visibilizar a inclusión.
Saber máis
Lecer
Campamentos
Cada verán organizamos campamentos inclusivos para que ningún peque con diversidade quede sen gozar do verán, e para que calquera peque sen diversidade teña ademais a oportunidade de gozar da inclusión.
Quero informarmeTurismo activo
Cada vez hai máis opcións de turismo activo inclusivo, pero aínda queda moito por facer. Por iso levamos a cabo iniciativas de turismo activo adaptado e axudamos a empresas de deporte e lecer a ser inclusivas nas súas actividades.
Saber máisEnki no camiño
Levamos un par de anos gozando da experiencia de facer o Camiño de Santiago; foi tan incrible que a convertimos en tradición. Non só iso: tamén queremos convertelo nun camiño inclusivo.
Saber máisParques e xoguetes
Ter lugares e opcións para xogar é clave para que os máis pequenos vivan nun mundo cada vez máis inclusivo. En ENKI, asesoramos entidades públicas para a creación de parques infantís adaptados e impartimos obradoiros de xoguetes inclusivos para que todas as persoas entendan a súa importancia.
Saber máis
Sensibilización
Sociedade
Levamos a cabo diferentes actividades e eventos para sensibilizar a sociedade. Teñas ou non algún tipo de diversidade, a inclusión é para ti.
Saber máisColexios
Máis de 1.000 escolares xa participaron nas xornadas de sensibilización que realizamos en toda Galicia.
Saber máisEntidades
Traballamos man a man con entidades sociais para axudalas a potenciar o labor tan importante que realizan no seu día a día.
Saber máisEmpresas
Asesoramos empresas de deporte e lecer para sensibilizalas e axudalas no seu camiño cara a ser inclusivas.
Saber máis
Formación e investigación
Ao longo do ano impartimos formacións co obxectivo de achegar a diversidade funcional a diferentes profesionais como monitores de tempo libre ou técnicos deportivos. Ademais desenvolvemos proxectos de I+D para crear material adaptado específico e así novas oportunidades de practicar deporte onde non as había. Se estás interesado nalgún dos nosos programas de formación ou queres propoñernos unha colaboración, só tes que escribirnos.