Por que facelo?
Podedes recrear a CARREIRA ENKI nos vosos colexios; darémosvos o material necesario para que sexa moi fácil. Non só o pasaredes ben e teredes unha oportunidade de falar de diversidade, senón que ademais será o punto de partida dun proxecto de educación en inclusión no que queremos axudarvos durante todo o curso.
Como se fai?
Desde ENKI ofrecémosvos acompañamento:
- Material educativo (spot + guía)
- Kit carreira (dorsais + cartelaría)
Recrea a carreira cando ti queiras desde setembro de 2026 ata maio de 2027. Reserva os teus dorsais con 15 días de antelación ata maio. No noso formulario web poderedes apuntarvos. Desde ENKI poñerémonos en contacto convosco para confirmarvos a reserva e comunicar os seguintes pasos.